Saltar ao contido principal

INICIO DO PROXECTO en SEXTO A en BRANCO


Que sabemos da relación entre os alimentos e a cor branca?
1.-AINOA: Unha mazá por dentro é branca  e por fóra é de outra cor. Non todo por dentro é igual que por fóra.
2.-AINHOA: Os alimentos que se pelan son brancos por dentro.
3.-HUGO: Os alimentos de cor branca son máis saudables.
4.-MANUEL: O azucre fai que as tortas e pasteis teñan sabor.
5.-IAGO: Penso que cada cor está relacionada con un tipo de sabor ou plantas. A maioría dos alimentos brancos son, por así dicilo, o corazón das hortalizas e froitas, vexetais a parte de minerais. Tamén se podería relacionar ca cor das fibras da madeira dalgunhas árbores. En xeral relaciono o branco ca maioría dos vexetais e de todo o que ten a ver con eles.
6.-MATEO: As cebolas son alimentos que nos da a terra a todos, e por iso deberiamos estar agradecidos.
7.-DAVINIA: Non me gusta a cebola pero encántame a empanada. Non me gusta o ovo pero gústame a tortilla. Non me gusta o sal pero gústame que o leven as patacas.
8.-NAIRA: Algúns alimentos, como algunhas setas brancas son velenosas.
9.-ANDREA: A cor branca dáme alegría e o azucre ponme contenta.
10.-ÁLVARO: Hai diferentes alimentos brancos e diferentes sabores. Eu penso que é así porque se traballa moito cos alimentos de cor branca para cociñar.
11.-SARAY: Penso que os alimentos son como a cor branca, xa que podes facer moitas combinacións para crear algo mellor.
12.-MARIO: Penso que ten que ser algo sobre os froitos, ou tamén algunhas follas das árbores que son brancas en algunhas das estacións. Os allos son alimentos brancos.
13.-LUCÍA: Gústame o porro e mesturando con alimentos como a cebola e o sal podemos facer sopa, tamén de cor branca.
14.-IRENE: A cor branca nas hortalizas e froitas é debido aos nutrientes que collen da terra ás árbores. Tamén pode influír a cantidade de horas de luz e a altitude. Alimentos brancos son a carne de porco, as cebolas e os allos.
15.-ADA: Cando penso en alimentos brancos paréceme que baixan das nubes. Tamén penso que o arroz é branco como as paredes e as follas de papel. A cor branca é bonita como cor da neve e tan alegre que, mirando algo branco, póñense contentos os ollos. 

Publicacións populares deste blog

Quinto DESFROITANDO no MELGA e SABOREANDO EMOCIÓNS da man de Ricardo

¡UN DÍA INCREÍBLE! Durante y después de la visita no hemos parado de sonreír de lo bien que lo pasamos. Tanto alumn@s como profesores/as disfrutamos de una mañana de las que no se olvidan. Es cierto que los profesores/as trabajamos muy directamente con el juego, pero para describir la experiencia de hoy no tenemos palabras. El MELGA es gracias a Ricardo un MUSEO fantástico. Invita a querer seguir jugando y aprendiendo con el juego. Gracias RICARDO! El año que viene cuenta de nuevo con nuestra visita en el MUSEO.  Los alumn@s y los profes del MANUELA de Cee. ;-)

XERMOLIÑOS en Toy Story 3

Este orixinal xoguete, que é o logo do plan xermoliño, é un dos xoguetes que aparece na película Toy Story 3. Se queres saber máis sobre este interesante xoguete colle en préstamo a peli na biblioteca MRM. Pero este fermoso xoguete non é o único alimento que aparece nas películas de Toy Story. Coñecemos moi ben grazas a representación que fixemos en Nadal das películas ao Sr e Sra Pataca. "Soy un Picasso" di o Sr Pataca.

Visita en 4 ANOS de dúas ENFERMEIRAS: Henar e María

O mércores recibimos a visita de dúas colaboradoras de Xermoliño. Henar e María nos falan da importancia da nosa alimentación e coidado da saúde.