Saltar ao contido principal

INICIO DE PROXECTO en SEXTO B en BRANCO


Que sabemos da relación entre os alimentos e a cor branca?
1.-HARIDIAN: Hai alimentos brancos como o ovo que están bastante ricos; pero a coliflor e a cebola non me gustan: aínda así, encántame o alioli. Á miña amiga encántalle a maionesa da marca Ligeresa. As setas e os champiñóns fritos recórdanme a flores brancas bastante pequeniñas. O queixo é un alimento que sae da vaca, igual que o leite, e do leite fanse tamén os iogures.
2.-NOA: O branco relaciónoo ca tranquilidade, cos debuxos das nubes e coa miña salsa favorita que é o alioli. Tamén coa cebola porque pica e é parecido á dor de cando te mancas. E tamén co meu postre favorito que é a torta de queixo.
3.-UXÍO: O arroz é máis branco que un vestido de noiva. O branco recórdame ó arroz, ó leite, a fariña ó hojaldre e ó azucre.
4.-IAGO: A cor branca é pura, recórdame ó meu barco e á neve. Os meus alimentos favoritos son moi ricos como o porro e poden ser moi cremosos como a cebola, pero non me gusta o apio.
5.-RUBÉN: Os alimentos de cor branca fanme pensar nos soldados imperiais de Star Wars. Os alimentos de cor branco cómense cando neva e recórdanme ás nubes, ós meus tenis e ás lanas das ovellas.
6.-LAURA: A cor branca relacionase máis coas froitas e cas verduras, alimentos que son bos para a nosa saúde e o branco é unha cor pacífica que nos mellora a felicidade.
7.-VICTORA: A cebola é branca e faiche chorar, iso faime pensar que si eu vivira na época de Cristo, e o vira na cruz, choraría.
Cando como “polo” acórdome das pombas brancas que significan a PAZ.
Ó leite é posible que non se lle dea moita importancia, pero o día que falte darémonos conta que sen el non podemos tomar café con leite...
Branco e en botella: leite!
8.-AITANA: Nos sitios máis pobres comen os alimentos brancos sen salsa, como o arroz.
As salsas de cor branca son para comer como acompañamento das comidas
A pizza de xamón tamén leva alimentos de cor branca como o queixo e a cebola.
A cor branca é moi común en salsas e maionesas; esta leva moitos conservantes e se comemos moita cantidade pode facernos dano; pero tamén se pode facer caseira.
A ensalada pode levar alimento brancos como espárragos, cebola e allos.
9.-LUCÍA D: Un dos meus compañeiros de teatro fai un puré de patacas con arroz que está boísimo.
A caldeirada faise con patacas, peixe, aceite, sal e unha folla de loureiro.
Os espárragos están moi ricos con ensalada que leve: piña, leituga, tomate, espárragos, sal., vinagre e aceite.
Os batidos de vainilla están riquísimos con unha sombrilla de galletas.
10.-GONZALO: Encántame comer espaguetes carbonara. O pan faise con fariña, auga, sal e fermento. E a lasaña con salsa bechamel e carne picada con salsa de tomate. Encántame comer fresas con nata e almorzo leite con cacao.
11.-LUCÍA F: O alioli é de cor branca e a carne do zumento melón é de cor branca. Branca por dentro e verde por fóra é a pera. O que lle da o dulzor é o azucre. O leite rico, que delicia!!
12.-BORJA:  O alliño pode meterse dentro dunha cebola. O espárrago está no tarro.
13.-DIANA: Din que as comidas de cor branca son máis saudables, pero o que de verdade importa é o interior. Á cebola, si fora persoa, iríase a olla!!
14.-DIEGO: O branco podía ser o viño branco e a miga do pan da última cea de Xesús cos Apóstolos. O ovo que pon a galiña, mesturado con fariña e leite pode converterse nun rico pan branco.
15.-JORGE: Os alimentos brancos transmiten pureza e bondade. O azucre é branco como a neve.
16.-LAILA: A nata con sabor é branca de cor, si ou non? A salsa da miña familia é de cor branca, aínda que a min gústame a nocilla. O leite ti porás, na cunca para almorzar e branca quedará. Con fariña un bo pastel farás e ben rico ha de estar.

Publicacións populares deste blog

Quinto DESFROITANDO no MELGA e SABOREANDO EMOCIÓNS da man de Ricardo

¡UN DÍA INCREÍBLE! Durante y después de la visita no hemos parado de sonreír de lo bien que lo pasamos. Tanto alumn@s como profesores/as disfrutamos de una mañana de las que no se olvidan. Es cierto que los profesores/as trabajamos muy directamente con el juego, pero para describir la experiencia de hoy no tenemos palabras. El MELGA es gracias a Ricardo un MUSEO fantástico. Invita a querer seguir jugando y aprendiendo con el juego. Gracias RICARDO! El año que viene cuenta de nuevo con nuestra visita en el MUSEO.  Los alumn@s y los profes del MANUELA de Cee. ;-)

XERMOLIÑOS en Toy Story 3

Este orixinal xoguete, que é o logo do plan xermoliño, é un dos xoguetes que aparece na película Toy Story 3. Se queres saber máis sobre este interesante xoguete colle en préstamo a peli na biblioteca MRM. Pero este fermoso xoguete non é o único alimento que aparece nas películas de Toy Story. Coñecemos moi ben grazas a representación que fixemos en Nadal das películas ao Sr e Sra Pataca. "Soy un Picasso" di o Sr Pataca.

Visita en 4 ANOS de dúas ENFERMEIRAS: Henar e María

O mércores recibimos a visita de dúas colaboradoras de Xermoliño. Henar e María nos falan da importancia da nosa alimentación e coidado da saúde.