Todo comezou unha mañá de outono cando unha profesora do Manuela propúxolles aos nen@s que fixesen un debuxo onde aparecese unha castaña. Deixáronos enriba da mesa e remataron no punto limpo. Do punto limpo trasladaron a un deles a un laboratorio, xa que o profe de ciencias precisaba un folio para escribir uns datos. Ao profesor chamoulle a atención o debuxo e analizouno na caixa de luz. Descubriu uns trazos un tanto especiais feitos con tinta invisible. No debuxo apreciábase unha castaña pero alguén debuxou algo máis para que ninguén o descubrise. Sería quizais algunha especie sen descubrir? Un alimento que é metade castaña e metade chocolate! Por tódalas cookies do mundo! Teño que descubrir onde vive. Comezou buscando en internet e apareceu na última letra do google un lugar onde podía atoparse xa que a bandeira dese sitio ten unha franxa marrón. As castañas e o chocolate son marróns... Xa está vive en Utuado. Alí foi e descubriu que era algo máis que un debuxo. Era un superheroe coñecido en todo Puerto Rico capaz de facer aparecer comida cando algún neno pasaba fame. Tratábase de Super Castachoco Ñam un gusto_terapeuta que loita contra a pobreza do mundo. Fabrica alimentos castachocolateados. Vive nunha cabaza deshidratada pendurada dun pau de peregrino.