Saltar ao contido principal

A HISTORIA DA RAÍÑA ROSA PIÑONUT

Ola amig@s!
Penso que xa sabedes quen son. Non é por presumir pero posiblemente unha das mellores cociñeiras do mundo. O meu pai é un DONUT e a miña nai unha PIÑA. Nacín nas aulas de 4º de primaria do cole Manuela Rial Mouzo. Os meus creadores fixéronme primeiro de lapis e cores. Pareceulles un mal bosquexo así que me botaron pola fiestra ata que rematei prantada na horta escolar. Ao cabo dun tempo naceu un alimento moi especial medio PIÑA e medio DONUT.
Sempre fun moi boa cos pucheiros e pola miña habilidade na cociña con alimentos rosas coroáronme como a Raíña Rosa Piñonut de apelido. Como chef gourmet recomendo que comades moitos alimentos rosas. A miña especialidade é o batido da amizade rosa.
Como cociñeira de debuxos que tamén son convídovos a comer a ensalada rápida de mans rosas. O día 30 de xaneiro coñecín a paloma da paz e leveina a tomar o sol dos namorados.
No meu bolso aínda que non o pareza collen infindos utensilios e alimentos sempre rosas. O meu pelo é de follas de piña e está recollido dentro dunha coroa que me regalaron cando gañei a miña primeira estrela Colorín. Fixéronma fundindo azucre para facer caramelo.

Publicacións populares deste blog

ALIMENTOS BRANCOS

AJO - ALLO  ALMEJAS - AMEIXAS  ARROZ  AZÚCAR - AZUCRE  BERBERECHOS  CEBOLLA - CEBOLA  CHAMPIÑONES  COLIFLOR  HABAS - FABAS  HARINA - FARIÑA  HUEVO COCIDO - OVO COCIDO  LECHE - LEITE  MELÓN  PESCADO BLANCO - PEIXE BRANCO  PERA  PUERRO - PORRO  ESPÁRRAGOS  QUESO - QUEIXO  SAL  YOGUR - IOGUR

POSIBLES OBRAS DE ARTE PARA REINTERPRETAR segundo as cores de cada curso

3 ANOS en VERDE – CARL WAGNER ou GIOVANNI ANSELMO LECHUGA 4 ANOS en LARANXA – SEIS NARANJAS VAN GOGH ou THE ART OF LIVING MAGRITTE 5 ANOS en MORADO – ARCHIMBOLDO 1º E 2º EP en VERMELLO – MATISSE ou  LATA DE SOPA WARHOL 3º EP en AMARELO - BANANA WARHOL ou HUEVO COCIDO URS FISCHER 4º EP en ROSA – BREADLINE DE MIRALDA ou TARTA DE DOROTHEE SELZ Antoni Miralda  (Terrassa, 1942), que este viernes se encontraba como en su casa en el  Macba , mordisqueando un pedazo de pan seco de molde de color verde que previamente había cogido con absoluta espontaneidad de  ‘Breadline’ , una de las instalaciones que ocupa una gran sala de la pinacoteca. En ella domina la gran línea de 20 metros que forma una pila irregular de hogazas de panes azules, amarillos, rojos y verdes en cuyos extremos, cual “varita mágica”, hay una estrella, emblema del estado de Texas (la montó en 1977 en Houston), cada una con un neón, rojo para la palabra ‘sal’ y azul para el ‘azúcar’. “Simboliza

XERMOLIÑOS en Toy Story 3

Este orixinal xoguete, que é o logo do plan xermoliño, é un dos xoguetes que aparece na película Toy Story 3. Se queres saber máis sobre este interesante xoguete colle en préstamo a peli na biblioteca MRM. Pero este fermoso xoguete non é o único alimento que aparece nas películas de Toy Story. Coñecemos moi ben grazas a representación que fixemos en Nadal das películas ao Sr e Sra Pataca. "Soy un Picasso" di o Sr Pataca.