Saltar ao contido principal

A HISTORIA DA RAÍÑA ROSA PIÑONUT

Ola amig@s!
Penso que xa sabedes quen son. Non é por presumir pero posiblemente unha das mellores cociñeiras do mundo. O meu pai é un DONUT e a miña nai unha PIÑA. Nacín nas aulas de 4º de primaria do cole Manuela Rial Mouzo. Os meus creadores fixéronme primeiro de lapis e cores. Pareceulles un mal bosquexo así que me botaron pola fiestra ata que rematei prantada na horta escolar. Ao cabo dun tempo naceu un alimento moi especial medio PIÑA e medio DONUT.
Sempre fun moi boa cos pucheiros e pola miña habilidade na cociña con alimentos rosas coroáronme como a Raíña Rosa Piñonut de apelido. Como chef gourmet recomendo que comades moitos alimentos rosas. A miña especialidade é o batido da amizade rosa.
Como cociñeira de debuxos que tamén son convídovos a comer a ensalada rápida de mans rosas. O día 30 de xaneiro coñecín a paloma da paz e leveina a tomar o sol dos namorados.
No meu bolso aínda que non o pareza collen infindos utensilios e alimentos sempre rosas. O meu pelo é de follas de piña e está recollido dentro dunha coroa que me regalaron cando gañei a miña primeira estrela Colorín. Fixéronma fundindo azucre para facer caramelo.

Publicacións populares deste blog

Quinto DESFROITANDO no MELGA e SABOREANDO EMOCIÓNS da man de Ricardo

¡UN DÍA INCREÍBLE! Durante y después de la visita no hemos parado de sonreír de lo bien que lo pasamos. Tanto alumn@s como profesores/as disfrutamos de una mañana de las que no se olvidan. Es cierto que los profesores/as trabajamos muy directamente con el juego, pero para describir la experiencia de hoy no tenemos palabras. El MELGA es gracias a Ricardo un MUSEO fantástico. Invita a querer seguir jugando y aprendiendo con el juego. Gracias RICARDO! El año que viene cuenta de nuevo con nuestra visita en el MUSEO.  Los alumn@s y los profes del MANUELA de Cee. ;-)

Visita en 4 ANOS de dúas ENFERMEIRAS: Henar e María

O mércores recibimos a visita de dúas colaboradoras de Xermoliño. Henar e María nos falan da importancia da nosa alimentación e coidado da saúde.

Non é doado crear personaxes pero ímonos a esforzar para crear a AZAFRÁN e a PIRUCHO